ORGANIZACIÓN
Xuntanza do Comité de Competicións para a posta a punto ante o inicio dos meses de competición
27/3/2012

Na sede central da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela, tivo lugar o pasado 20 de marzo unha xuntanza do Comité de Competicións formada polos delegados de diferentes modalidades e o presidente da FGC.

Unha reunión na que foron varios os puntos de enorme interese os que se abordaron, tales como a aprobación do calendario de competicións así como o seus presupostos; e as modificacións na normativa das modalidades de Caza de Arcea, Raposo, Arco e San Huberto.

Tamén houbo un apartado para a formación, coa futura convocatoria de diferentes cursos de reciclaxe de xuíces e árbitros de determinadas modalidades así como a súa promoción a categorías superiores. Froito desto, a FGC xa convoca para este próximo sábado día 31 de marzo a tódolos xuíces de rastro de xabaril para un curso de reciclaxe e unificación de criterios.