CAZA MAIOR
O vindeiro 1 de abril darĂ¡ comezo a tempada de asexos de corzo
27/3/2012

Coa entrada da primavera comeza un ano máis a tempada de asexos de corzo que, nesta ocasión, estenderase dende o  vindeiro 1 de abril ata o 31 de xullo de 2012.

A riqueza natural, gastronomía e densidade do corzo fan da nosa comunidade un destino privilexiado para os amantes desta modalidade de caza e singular especie. Serán centos de asexistas galegos e visitantes chegados de diferentes lugares do territorio nacional os que se acheguen á ampla oferta de precintos que posúen os Tecores de Galicia, en especial os de Lugo, por ser esta unha das provincias con maior densidade corzuna do noso pais.

Lembrar que para a realización dos asexos estes deberanse comunicar por correo electrónico ou por fax ao servizo provincial de Medio Ambiente e SEPRONA correspondente, cunha antelación de 48 horas o inicio do axexo e onde se debe indicar o nome do garda/guía, teléfonos de contacto, zonas, etc. Os responsables levarán consigo no transcurso do axexo o dito xustificante ou impreso do fax ou correo electrónico. Ditos impresos de solicitude e comunicación de axexos están a disposición nesta páxina web.

Tamén recordar a necesidade de que tódolos cazadores chegados de outras Comunidades Autónomas deberán realizar os tramites administrativos pertinentes para a expedición da Licenza de Caza de Galicia

Dende a Federación Galega de Caza desexámoslle a cazadores, sociedades de caza, guías e gardas, unha ventureira tempada de asexos.