COPA GALICIA RASTRO XABARIL
Rodeiro Eiras con “Sil” gañador en Oroso
7/5/2012

VIII Campionato en Cesar de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril, puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 28 de abril disputouse en Oroso unha proba puntuable da Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado polo Sociedade de Caza Ribeiras do Tambre e a Federación Galega de Caza en A Coruña.

Un total de 36 participantes se deron cita nesta proba puntuable a que acudiron monteiros de tódolos recunchos da nosa comunidade e da veciña Asturias. Unha proba na que destacou o bo nivel dos cans presentados, mostra delo foron as altas puntuacións acadadas nos primeiros postos.

Foi o monteiro galego Francisco Rodeiro Eiras co can “Sil” o que acadou o primeiro posto cun total de 260 puntos. Seguiuno en segunda posición Manuel Rodeiro Louzao con “Sildos” e unha puntuación de 244,5 puntos. Completou o podio o asturiano Casimiro González Alonso con “Jast” e 233,5 puntos.