Revista de Prensa


C.P.R. · 9/2/2014

O tecor societario de Terra Chá, o máis grande de Galicia cunhas 42.000 hectáreas repartidas entre os municipios da Pastoriza, Cospeito e Castro de Rei, celebrou onte unha asemblea extraordinaria na que se fixaron para o próximo 8 de marzo as eleccións para renovar a directiva, un proceso no que están chamados a participar preto de 700 socios.

A actual directiva, convertida xa en xunta xestora ata que se termine o proceso electoral, anunciou que non repetirá candidatura, polo que se espera que aparezan opcións nos próximos días. Ata o día 16 poderanse presentar alegacións ao censo da entidade e, do 17 ao 22, os interesados en concorrer ás eleccións poderán formalizar a súa candidatura.