Revista de Prensa


Pablo Rodríguez · 12/2/2014

A Consellería de Medio Ambiente acaba de aprobar a creación dunha explotación cinexética en Becerreá que ocupará 254 hectáreas de monte segregadas do tecor San Juan. A iniciativa partiu da sociedade de cazadores de Santa María de Cancelada, cuxos integrantes abandonaron o outro colectivo por desavinzas coa directiva, ao sentirse «marxinados», e aspiran a constituír o seu propio tecor.

Segundo explica un dos seus directivos, José Antonio Fernández Díaz, ante a demora no proceso administrativo para crear ese novo coto, entre outros motivos polas alegacións do tecor San Juan, os cazadores de Santa María de Cancelada optaron por crear antes unha explotación cinexética de carácter comercial, que non require da cesión de tantos terreos e que permitirá agora que este grupo volva saír ao monte, algo que non fai desde hai anos pola súa pugna co outro colectivo.