Revista de Prensa


A HISTORIA do lucense Jesús Pérez Pol (67) e a ourensá Manuela Fernández González (67) comezou cando eran adolescentes. Tras catro décadas de traballo en Madrid, a parella xa xubilada goza en Friol das afeccións comúns que se foron forxando durante tantos anos xuntos: a caza e a pesca.
Sheila López · 18/5/2011

Nunca dubidan de que facer no seu tempo libre. En época de pesca, adoitan agarrar as súas bártulos e plantarse na ribeira do río Narla ou Miño. «Preparamos uns bocadillos e imos para alí toda a tarde. É un pracer», aseguran.

Coa caza ocórrelles algo parecido. A el sempre lle atraeu esta deportiva, «que xa gozaba co meu pai cando tinga dez anos», pero Manuela nunca mostrara o máis mínimo interese. O cambio, di Jesús, é cousa do amor. «Cando estabamos en Madrid, eu adoitaba sair de caza cos amigos a Segovia e Toledo. E dábame mágoa deixar á muller soa, asique comeceille a insistir para que viñera connosco», recorda Jesús. A insistencia funcionou. Manuela sacouse a licenza de caza e introduciuse nun mundo «de homes». Armada coa súa escopeta, a presenza da muller nas xornadas de cacería sorprendeu ao principio, pero enseguida fíxose un oco no grupo.

Tanto é así que, tras a xubilación e o seu traslado a Friol, ningún dos dous quixo xa deixar esta afección e sumouse aos cazadores locais.Manuela é a actual tesoureira do Tecor, e a única muller entre 150 homes. «Sempre respectáronme», aclara. «E iso que xa apunta mellor que algún de nós», apostila Jesús.

A caza anima a vida social da parella. «Os cazadores temos un local onde o pasamos moi ben. Preparamos xantares coas capturas, cantamos e contamos contos».

Gozan de cada minuto xuntos coa mesma ilusión do principio. «Hai xente que non sabe qué facer cando se xubila e doe velos parados. Nós animámolos a disfrutar ó máximo daquelo que lles guste». Un bo consello para todos.