Receitas de Caza

Coello con chocolate
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 1 coello
  • 1/2 l. de auga
  • 2 cabezas de allo
  • 18 améndoas torradas
  • Perexil
  • 1 copa de brandy
  • 1 vasiño de caldo de carne
  • Canela en pola
  • 2 porcións de chocolate
  • Sal
  • 1 dl. de aceite

Elaboración:
O coello, troceado e sazonado, pásase pola tixola. A continuación colócase nunha cazola xunto ao perexil picado, as cabezas de allo, a canela (unha pola), o brandy e a auga e déixase cocer durante media hora.

Pasado ese tempo prepárase un mazado coas améndoas, o fígado do coello e o chocolate, diluíndo todo cun vasiño de caldo de carne. Engádese o mazado á cazola para que ferva a lume lento durante 15 minutos máis.