Receitas de Caza

Codornices con arroz
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 persoas)
· 250g de arroz · 8 codornices · 150g de mantequilla · 1 pouco de pementa · 1 pouco de sal · 3 tomates
Elaboración:
Límpanse as codornices e lávanse. Nunha cazola sazónanse e bótaselles a mantequilla por riba e engádese a cebola en anacos. Cando a cebola colle cor, engádense os tomates lavados, destonados e picados.
Déixanse guisar as codornices con esta salsa durante 10 minutos e engádeselle a auga e introdúcese o arroz. Cando o arroz está feito, espolvoréase a pemente e sérvese.