A coordinación do censado da arcea en Galicia é un dos puntos do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Caza para o ano 2024.
A persoa que participa neste programa de censado comprométese a:
1 - Realizar, como mínimo, 2 xornadas de caza / censo antes de que remate a tempada hábil de caza da arcea (11/02/2024) e 2 xornadas no período de adestramento / censo desta especie (do 12/02/2024 ao 10/03/2024). Nos días especificados na resolución do 19 de abril de 2023 na que se determinan as épocas hábiles de caza.
2 – Trasladar os datos recollidos en ditas xornadas ao formulario ao que terán acceso ós cazadores / censadores autorizados e que estará dispoñible na páxina web www.federaciongalegadecaza.com
3 – Contar coa autorización dos Tecores onde pretende cazar / censar (tarxeta ou similar).
Os Tecores deben ter autorizada a prórroga da caza da arcea e ata o 11 de febreiro e o período de censado ata o 10 de marzo.