| A Federación é unha entidade deportiva,  sen ánimo de lucro, que agrupa a cazadores e sociedades de caza galegos. De  acordo cos seus estatutos, cos órganos de representación e governo e co seu  organigrama, as súas funcións están claramente estructuradas en dúas grandes  áreas: cinexética e competicións. Unha adicada á defensa da caza e dos  lexítimos intereses das sociedades de caza e dos cazadores, e outra relacionada  coas competicións de caza nas que exerce por delegación funcións públicas de carácter  administrativo, actuando nese caso como axente colaborador da Comunidade  Autónoma Galega e sendo  unha entidade de utilidade pública.A FGC foi constituída en  Santiago de Compostela, o 25 de xaneiro de 1985, conforme ao decreto da Xunta  de Galicia 228/1994 de 14 de xullo, regulado pola Orde 28-7-1995 da Consellería  de Presidencia e Administración Pública. Actualmente ademais dos seus propios estatutos  sonlle de aplicación a Lei Xeral do Deporte de Galicia e outras normas  que a desenvolven.
 A Federación Galega de Caza como tal  ten representatividade en órganos consultivos como: Comités de Caza, Consello  Forestal Galego, etc.
 
 A FGC atópase na estructura da Real  Federación Española de Caza, formando parte dos seus órganos e exercendo a súa  representación na Comunidade Autónoma de Galicia. A través da RFEC está  representada noutros órganos supra-autonómicos e mesmo internacionais, como na  FACE con representación en órganos Europeos.
 |