Inicio Calendario Buscar Contacto

 
Suministro de carne de caza maior

DECRETO 28/2021, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas sobre a subministración directa da caza maior silvestre abatida na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. O presente decreto ten por obxecto:

a) Establecer os requisitos para a subministración directa por parte da persoa cazadora á persoa consumidora final e aos establecementos de restauración de pequenas cantidades de carne fresca refrixerada de caza maior silvestre.

b) Establecer os requisitos que deben cumprir as pezas de caza maior silvestre abatidas en Galicia destinadas ás salas de tratamento de caza para a comercialización das súas carnes.

c) Establecer os requisitos que teñen que cumprir os locais intermedios de procesamento das devanditas pezas de caza silvestre destinadas á subministración directa.

d) Establecer os requisitos hixiénicos e sanitarios do acondicionamento e o transporte das pezas de caza maior silvestres destinadas a consumo humano para a subministración directa ou o envío á sala de tratamento de caza.

Descargar DECRETO 28/2021, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas sobre a subministración directa da caza maior silvestre abatida na Comunidade Autónoma de Galicia.

Descarga ANEXO II: Documento sanitario de traslado de pezas de caza maior silvestre
 


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com