Inicio Calendario Buscar Contacto

 
LEXISLACIÓN CAZA
Lei de Caza
Orde de Vedas
Sinalización Tecores
Exame do Cazador
Manual do Cazador
Taxas
 
Proyecto COTURNIX
Seguimiento y gestión sostenible de la codorniz en España

Conservar as poboacións de paspallás común ( Coturnix coturnix) en España e garantir o seu aproveitamento cinexético sostible, facendo partícipes do proxecto aos cazadores, agricultores e propietarios, sendo por tanto un proxecto de ciencia cidadá.

A investigación científica será liderada polo Dr. Jesús Nadal, da Universidade de Lérida, existindo dinamizadores rexionais para incrementar a participación. Durante 4 anos, e contando co apoio de MUTUASPORT, Fundación Artemisan, RFEC e Federacións autonómicas de caza, consolidarase unha rede de ciencia cidadá en toda España para obter datos de censo e das capturas de paspallás.

Ademais, utilizando a última tecnoloxía dispoñible mediante dispositivos de seguimento GPS/ Argos, incrementarase o coñecemento sobre a bioloxía e ecoloxía do paspallás, marcando a varios paspallás con estes dispositivos. E tamén se traballará xunto con agricultores e propietarios para desenvolver prácticas agrarias compatibles coa conservación do paspallás.

Durante os próximos anos esperamos consolidar unha rede de colaboradores en toda España para monitorar e obter datos de capturas, así como gañar coñecemento sobre a bioloxía e ecoloxía do paspallás, expor solucións para mellorar o hábitat dos paspallás e deseñar unha xestión e caza sostible que asegure a conservación da especie.

Os cazadores que desexen participar achegando datos poden facelo a través dos correos jesus.nadal@udl.cat, jatorres@fundacionartemisan.com ou a través a Federación Autonómica correspondente ao seu territorio.

Máis información

 

Documentación

Ficha - sobre COTURNIX



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com