INFORMACIÓN
Adestramento con fins de competición vinculado á práctica dunha competición deportiva federada
18/03/2021

Permítese a práctica do adestramento con fins de competición sempre e cando a súa realización estea vinculada á participación nunha competición incluída no calendario oficial da FGC, e se cumpran os seguintes requisitos:

1. Que o adestramento se realice ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de xeito individual ou con persoas conviventes, sendo obrigatorio o uso de máscara.

2. Que a realización do adestramento se axuste ao Protocolo FISICOVID da FGC, aprobado por Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte con data 17-2-2021. 

3. Que o Adestramento se realice dentro das 4 semanas anteriores á data do campionato oficial previsto no calendario de competicións da FGC.

4. Que o adestramento se realice dentro do ámbito territorial de residencia do deportista. No caso de que o deportista non teña posibilidade de realizar o adestramento dentro do seu ámbito territorial de residencia, deberá solicitar á FGC, mediante o formulario normalizado que facilitará esta, a correspondente certificación para o desprazamento, que deberá portar en todo momento.

5.A FGC levará ao efecto un rexistro de todos os certificados emitidos, que comunicará semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte.


 Cubra a solicitude que corresponda e envíenola á Federación Galega de Caza (federacion@federaciongalegadecaza.com)

Documentos relacionados