Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas receitas
Todas as receitas
Enviar unha receita
 
VER RECEITAS DE:
Arcea
Cervo
Codorniz
Coello
Corzo
Faisán
Lebre
Perdiz
Xabaril
Arredor do pucheiro
RECEITAS DE CAZA
Imprimir esta receita

Estofado de pata de corzo
Enviada por: FGC

Ingredientes:
· Unha pata de corzo desosada (peso aproximado: 1,8 kg.)
· 150 g. de touciño fresco
· sal e pementa
· poliñas de tomiño e romeu
· pementa branca (a poder ser recén moída)
· 60 g. de aceite vexetal
· unha cebola, unha cenoria e un apio
· unha cullarada de coñac.

Elaboraci�n:
Cortar e retirar as peles da pata. Cortar o touciño en tiras uniformes e sazonalas ben por ambas partes co sal e a pementa. Conxelar este sazonado.

Mechar a pata (facendo incisións na carne de forma transversal na dirección das fibras musculares) e introducir nas incisións as tiras de touciño (sen desconxelar). Con bramante de cociña átase lixeiramente a pata para que non se abra. Salpimentamos a pata. Preparamos a salsa: farase con aceite vexetal, ósos e restos de carne de corzo, cebolas, cenorias, apio, pementa branca, un dente de allo e unha folla de loureiro. Para preparar esta salsa colócanse os ósos e o aceite nunha bandexa que se mete ao forno, tostándoos. Canto teñan cor engádese a carne. Unha vez que todo adquirira cor, vaciarase a grasa da bandexa. A verdura picada quéntase a fogo forte cun pouco de aceite, ata que adquira cor. Despois bótanse os ósos e mestúrase todo para posteriormente cubrilo con auga fria. Cando ferva, botamos as especias. Deixámolo a fogo lento durante un bo anaco e despois coamos. A salsa xa está preparada.

Colocar a pata nunha cazola suficientemente grande e con fogo ao máximo asarase lixeiramente por ambos lados. Cortar e limpar a verdura, que deberá colocarse na cacerola. Rociamos todo coa salsa previamente preparada. Meter no forno prequentado a 200ºC e despois de 15 minutos poñer o forno a 160ºC. Deixar cocer durante unha hora ou hora e media, rehogando de vez en cando coa salsa. Engadir un pouco de coñac (ao gusto) e servir cortado en rodaxas.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza