Inicio Calendario Buscar Contacto

 
INFORMACIÓN
Federar unha Sociedade
 
REXISTRO DE SOCIEDADES
Alta de novas sociedades
Modificar os estatutos
Modificar a xunta directiva
Modificar o domicilio social
Disolver ou fusionar
Afiliarse á FGC
 
OUTRA DOCUMENTACIÓN
Estatutos Réxime Interno
Eleccións na Sociedade
Expedientes sancionadores
 
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Axudas
Secretaría Xeral Deporte
Plan de Aproveitamento
Titulares de Tecores
Mapa Tecores e Zonas Libres
Sociedades


Para federar unha Sociedade ou asociación, deben dirixirse en primeira instancia á Federación Provincial que corresponda pola súa ubicación xeográfica. Nas nosas oficinas facilitaráselle todo tipo de información e a documentación necesaria para afiliarse á Federación e inscribirse ao mesmo tempo no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia (modelo de estatutos, impreso de instancias, etc.). O primeiro ano –o ano que causan alta- non teñen que abonar ningunha cota,  e nos anos sucesivos deberán satisfacer unha cota anual de 90,00 €uros por sociedade e 0,15 € por socio.

¿Por qué Federar unha sociedade?

  • As Sociedades ou Entidades de Caza e os propios cazadores teñen á súa disposición  unha ASESORÍA XURÍDICA, a cargo dunha avogada experta en problemas cinexéticos, que os asesora gratuitamente.

  • Para os seus socios, servizo de tramitación de LICENCIAS DE CAZA a través do que se xestionan as Licencias de Caza para calquera Comunidade Autónoma do estado, sen ter que pagar ningunha sobretaxa.

  • Para os seus socios, tódalas Federacións Provinciais contan cunha Autorización Especial de Telecomunicacións, ofertando así aos seus afiliados un SERVICIO DE LICENZAS DE USO DE EMISORAS, con varios canais de comunicación.
  • A ESCOLA DE CAZA realiza periodicamente cursos para a formación de cazadores, directivos de sociedades ou Entidades, e profesionais relacionados coa Caza (Responsables de Tecor, Responsables de Cacería, Lexislación de Caza, Tiradores Expertos, Guías de Axexo, Gardas de Campo de Caza para Tecor, Xornadas de Caza e Comunicación, Prevención de accidentes, etc.). A Escola de Caza é itinerante e tamén realiza anualmente Cursos de formación e reciclaxe de xuíces e árbitros  das diferentes disciplinas deportivas, así como Cursos de iniciación ás diferentes modaldiades deportivas.
  • Desde a Federación tramítanse SEGUROS DE RESPONSABILIDADE CIVIL PARA OS TECORES, buscando a mellor solución e oferta para cada caso concreto, contando cunha Entidade Aseguradora de gran solvencia, adicada unicamente ós Seguros de Caza, (Mutuasport), así como con concertos con outras compañías privadas.
  • Infórmase puntualmente ás sociedades da publicación das diferentes ordes de AXUDAS E SUBVENCIÓNS, tanto da Xunta de Galicia como dos Organismos Provinciais, asesorándoas na tramitación das mesmas.  
  • As sociedades ou Entidades de caza federadas reciben –tódolos meses- de xeito totalmente gratuíto a REVISTA FEDERCAZA.
  • Mensualmente tódalas Sociedades de Caza, reciben de xeito totalmente gratuíto, a revista GALICIA CINEXÉTICA administrada pola Federación Galega de Caza. Nesta revista poden participar os propios cazadores remitindo artigos, fotografías, consultas, ofertas cinexéticas, etc.
  • A FGC conta con OFICINAS FEDERATIVAS EN TÓDALAS PROVINCIAS, ademais da súa sede central en Santiago de Compostela, conectadas a través dunha rede virtual que permite a transmisión de información en tempo real entre as distintas oficinas, todas elas atendidas por persoal altamente cualificado, posibilitando aos cazadores e Entidades realizar calquera trámite ou xestión en calquera das provincias galegas, sen necesidade de acudir á Federación de residencia.
  • A Federación dispón da  PÁXINA WEB www.federaciongalegadecaza.com, actualizada permanentemente por persoal informático da propia Federación, onde os cibernautas atoparán ámplia información e documentación relacionada con tódolos aspectos cinexéticos e deportivos. Desde ela os cazadores poderán  realizar trámites online, remitir consultas ás que se responde desde a propia web, e mesmo participar na sección a túa opinión conta..
  • Os representantes das sociedades ou Entidades, os cazadores federados, e os xuíces e árbitros, tal e como establecen os vixentes Estatutos federativos, teñen DEREITO A ELIXIR OU SEREN ELIXIDOS PARA OS ÓRGANOS DE GOBERNO E REPRESENTACIÓN DA FEDERACIÓN. Dentro do organigrama federativo (Asemblea Xeral, Comisión Delegada, Presidente, Xunta Directiva, Comisión Executiva, Secretario Xeral, Tesoureiro) existen diversos órganos técnicos e asesores (Comité de Disciplina Deportiva, Comité de Xuíces e Árbitros, etc) entre os que merece especial mención o Comité de Conciliación e Mediación, que ten por obxecto mediar ante conflictos, intentando un achegamento das partes, antes de instruír expedientes disciplinarios.
  • A  CAMPAÑA COMPARTIR CAZA, pon a disposición das sociedades a posibilidade de poņer en coņecemeto dos cazadores de toda Galicia as suas tarxetas diarias ou de tempada, para cazadores non socios. Con elo foméntase a mobilidade de cazadores das zoas urbanas, mesmo de fóra de Galicia, ao rural coa correspondente contribución á xeración de recursos, contribuíndo ao mesmo tempo ao desenvolvemento das zoas rurais e ao turismo rural. Para elo, elaborouse unha base de datos na que se recolleron tódalas sociedades de caza que se suman a este proxecto, e que os cazadores, de xeito virtual   –a través da páxina web da federación-,  poden consultar e busca-la posibilidade que máis se lle achegue.
  • A Campaña CAZA SEGURO PARA CAZAR BEN impulsada desde a Federación e coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente pretende a concienciación dos cazadores sobre as necesarias medidas de seguridade na caza. Esta iniciativa reparte  chalecos de seguridade “reflectantes” aos cazadores a través das súas respectivas sociedades de caza; así como tablillas sinalizadoras de advertencia “atención cacería”.
  • Os ENCONTROS POLA CAZA foi tamén outro dos últimos proxectos levados  a cabo, con carácter itinerante por toda Galicia. Os encontros pola caza ten por obxectivo servir de foro de debate e lugar de encontro onde se aborden os temas máis importantes e de maior preocupación para o presente e futuro do deporte cinexético galego. As súas conclusións, consensuadas e compartidas por todo o colectivo, marcarán as pautas a seguir nas futuras actuacións da Federación.
  • O OBSERVATORIO DA CAZA ten por finalidade o estudo en xeral de distintos aspectos da caza, e nel participan técnicos e científicos que estudian e evalúan os diferentes aspectos sanitarios e socioeconómicos.
  • O observatorio sanitario está a realizar análises da triquinosis nas diferentes especies, así como recollida de animais mortos ou enfermos para coñece-la súa causa.
  • O observatorio socioeconómico, está a traballar nun estudo da caza en Galicia desde o punto de vista económico e social.
  • Elaborouse un PLAN DE RECUPERACIÓN DA CAZA MENOR promovido pola Federación Galega de Caza, coa participación de técnicos, investigadores, e federativos, de onde sairon as Bases dun Plan para a Recuperación das poboacións de coello de monte e perdiz rubia de Galicia. O proxecto concluíuse coa edición dun cadernillo e dun DVD explicativo, que pretende servir como ferramenta de axuda para as sociedades de caza.


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza