Inicio Buscar Blog Contacto

 
INFORMACIÓN XERAL
Introducción
A nosa afiliación
A caza que defende a FGC
A FGC opina
Contacto
 
ESTRUCTURA FEDERATIVA
Saúda do Presidente
Organigrama
A FGC en A Coruña
A FGC en Lugo
A FGC en Ourense
A FGC en Pontevedra
 
A Federación
INTRODUCCIÓN

A Federación é unha entidade deportiva, sen ánimo de lucro, que agrupa a cazadores e sociedades de caza galegos. De acordo cos seus estatutos, cos órganos de representación e governo e co seu organigrama, as súas funcións están claramente estructuradas en dúas grandes áreas: cinexética e competicións. Unha adicada á defensa da caza e dos lexítimos intereses das sociedades de caza e dos cazadores, e outra relacionada coas competicións de caza nas que exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando nese caso como axente colaborador da Comunidade Autónoma Galega (art. 28.3 da Lei 11/1997, Xeral do Deporte de Galicia) e sendo unha entidade de utilidade pública.

A Federación Galega de Caza como tal ten representatividade en órganos consultivos como: Comités de Caza, Consello Forestal Galego, etc.

A FGC atópase na estructura da Real Federación Española de Caza, formando parte dos seus órganos e exercendo a súa representación na Comunidade Autónoma de Galicia. A través da RFEC está representada noutros órganos supra-autonómicos e mesmo internacionais, como na FACE con representación en órganos Europeos.

A FGC foi constituída en Santiago de Compostela, o 25 de xaneiro de 1985, conforme ao decreto da Xunta de Galicia 228/1994 de 14 de xullo, regulado pola Orde 28-7-1995 da Consellería de Presidencia e Administración Pública. Actualmente ademais dos seus propios estatutos sonlle de aplicación a Lei 11/1997 Xeral do Deporte de Galicia e outras normas que a desenvolven.


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza