Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas receitas
Todas as receitas
Enviar unha receita
 
VER RECEITAS DE:
Arcea
Cervo
Codorniz
Coello
Corzo
Faisán
Lebre
Perdiz
Xabaril
Arredor do pucheiro
RECEITAS DE CAZA
Imprimir esta receita

Cervo á augardente
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(8 persoas)
· 2kg de cervo
· 1 vasiño de augardente
· 1 vasiño de viño branco
· 250g de xamón con touciño
· 1 cullerada sopeira de fariña
· Tomiño
· Perexil
· Noz moscada
· 1 folla de loureiro
· Pementa negra
· Sal
· Aceite de oliva

Elaboraci�n:
O dia antes ponse a carne do cervo (cortada en anacos iguais) en adobo). Para elo salpiméntase o cervo, ponse nunha grande cazola con todas as herbas, a pementa negra, a noz moscada, o viño tinto e a augardente. Déixase na nevera durante 24h mínimo.
Córtase o xamón en tiras e frítese. Sácase o cervo do adobo, sécase cun pano de cociña, logo pásase por fariña e frítese. Póñense os trozos de cervo xa rehogados na mesma cacerola onde está o xamón fritido. Engádese unha parte do adobo e rehógase todo xunto.
Logo métese no forno a 180º. Vaise dando voltas á carne e vaise engadindo máis adobo se é necesario, é dicir se se seca. Ásase durante unha hora e media aproximadamente.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza