Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
Os cazadores non son únicos responsables
Opinión
| Javier Nogueira - Presidente da FGC · 27/10/2011
Sen dúbida a especie cinexética que copa máis titulares nos xornais da nosa comunidade é o xabaril. O porco bravo, que ven de experimentar un enorme crecemento poboacional, converteuse en involuntario protagonista e abandeirado dunha conflitividade que se puxo en especial releve nos últimos anos: os danos producidos pola caza maior en cultivos e estradas.

O aumento exponencial de especies cinexéticas de caza maior causou un incremento correlativo do número de afeccionados. Son cada ano máis os practicantes da caza maior, e non cabe dúbida de que os cazadores formamos parte desta circunstancia social e ambiental, máis non necesariamente os motivadores. E por iso non debemos cargar con todo o peso das consecuencias que poida acarrear a terceiros.

As leis vixentes están ambientadas nunha realidade caduca, que non reflicte nin comprende a evolución da sociedade rural ao longo das últimas décadas nin a realidade social da caza en Galicia, e argumenta que calquera incidente causado por especies cinexéticas ven motivado pola actuación dos cazadores e polo tanto a responsabilidade debe pesar directamente nos tecores e, por ende, as sociedades de caza titulares dos mesmos.

Os danos xerados polas especies cinexéticas non son consecuencia directa da caza, senón da propia existencia de ditos animais, e polo tanto son un problema de todo o conxunto da sociedade. Se desaparecesen os tecores nos territorios máis castigados polos danos, estes non se solucionarían, polo contrario, agravaríanse ata chegar a unha situación insostible. Os cazadores son un elemento esencial para a regulación das especies, mais non poden ser os únicos responsables das súas consecuencias. Non somos os xeradores do problema.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza