Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING
Iglesias Otero é o novo campión galego
6/6/2012

Na fase autonómica participaron un total de 56 tiradores das 4 provincias galegas

Na xornada de onte día 3 de xuño, disputouse nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar o Campionato Galego de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración con dita Sociedade.
O campo de tiro Río Sar vestiuse de gala na xornada de onte para acoller unha edición máis da fase final do Campionato Galego de Compak Sporting que se disputou a 150 pratos en seis canchas e con traxectorias de diferente dificultade.

Foi o tirador coruñés Antonio Iglesias Otero o que subiu o mais alto do podio o escachar 135 pratos converténdose deste xeito no novo Campión Galego da especialidade. O tamén tirador da provincia de A Coruña, Daniel Cebreiro García acadou o subcampionato con 128 pratos namentres que completaba o podio o pontevedrés Martín Baqueiro Villafines con 126 pratos escachados.

Na categoría de veteranos impoñíase representante da provincia de Pontevedra Gabino Villamor Vázquez con 112 pratos e na categoría de Handisport o gañador era o lucense Artemio Formoso Barro con 111 pratos escachados.

Na entrega de premios mencionar a presenza de Jos Antonio Pena, Delegado de Compak Sporting e RRCC da FGC, Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza e Carlos Gómez Subdirector da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os cinco tiradores mencionados anteriormente conformarán a representación galega para o vindeiro Campionato de España de Compak Sporting que se disputará o vindeiro fin de semana na comunidade valenciana.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza