Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTOS CONSEGUIMOS
As achegas da FGC, incorporadas á nova Lei de Montes de Galicia
24/7/2012

A Xunta de Galicia publicaba onte no DOG a nova Lei 7/2012 de Montes de Galicia, que entrará en vigor nun prazo de 30 días dende a sua publicación. A Federación Galega de Caza realizou no seu momento as oportunas alegacións a este texto que, en boa parte foron tomadas en conta para sua redacción final.

Así, certos artigos como os referentes á modificación da Lei de Incendios, que prexudicaban gravemente aos cazadores, foron revisados para supoñer unha maior conciliación coa actividade cinexética, sendo menos restritivos. Os cazadores terán, sen embargo, novas obrigas como identificarse sempre que se atopen en ZAR (Zonas de Alto Risco).

Unha das medidas que trata de incorporar esta nova normativa e que podería prexudicar gravemente os intereses do colectivo da caza, é a da prohibición de acceder, circular e permanecer en zonas de alto risco durante a época de perigo alto de incendios forestais, o que na práctica levaría a non poder acceder á practica totalidade do monte galego durante unha boa parte da tempada de caza.

Finalmente, estas prohibicións incluíron excepcións entre as que se atopan a do artigo 32 da Lei de Prevención de Incendios: “h) O acceso, a circulación e a permanencia nos predios rústicos de réxime cinexético especial para aqueles cazadores socios das súas sociedades xestoras que participen en actividades cinexéticas autorizadas”.

Cabe destacar que, a pesar de que a lei fai máis restritivo e controlado o acceso aos montes en épocas de alto risco de incendio, finalmente e grazas en boa parte ás aportacións e achegas da FGC, entreoutras, a este texto, os cazadores non sairán prexudicados con esta nova lexislación referida aos montes. Xuntos conseguimos...

Descargar Lei 7/2012 de Montes de Galicia

 

 
Ver máis novas de
Competicións | Federación | Eventos | Lexislación | Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

A DIRECTORA XERAL CONFIRMA
25/4/2016
De ningunha maneira o Anteproxecto de Lei de Protección e Benestar Animal pon en perigo a participación dos nosos cans na actividade cinexética

PROXECTO DE ORDE
15/4/2016
A FGC insta á Consellería de Medio Ambiente a que retire a relación da caza co uso de veleno

FGC
12/4/2016
Comunicado da Federación Galega de Caza

XUNTANZA
8/4/2016
A FGC define as súas achegas ao Anteproxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza