Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA RAPOSO
O equipo lucense “Parrillada Antonio” foi o Campión da Copa España
29/1/2013

X Copa España de Caza de Raposo

O pasado sábado 26 de xaneiro tivo lugar a proba raíña das competicións cinexéticas que se desenrolan na nosa comunidade galega. Un ano máis, a X edición da Copa España de Caza de Raposo congregou a centos de cazadores que, baixo a organización da Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza, desfrutaron dun xornada de caza de raposo por terras da provincia de Ourense grazas a colaboración das Sociedades de Caza de Trives, San Xoán de Río e Terra de Caldelas.

As boas condicións climáticas baixo as que transcorreu a xornada, xunto coa abundancia de caza nos montes de ditos Tecores, fixeron que a proba fose do máis frutífera en canto ao desfrute cinexético. Ata preto de 100 raposos foron avistados polos 35 equipos participantes nesta décima edición da Copa España de Raposo.

Chegado o mediodía e segundo o horario previsto pola organización, os diferentes equipos foron facendo a súa entrada no control, onde a abundancia de exemplares de corzos, xabariles e raposos avistados era o principal tema de conversa dos diferentes equipos participantes.

Foi o equipo lucense “Parrillada Antonio” o que con 2.500 puntos, e trala celebración dun sorteo de desempate, se proclamaba Campión da X Copa España de Raposo. Co mesmo número de puntos o subcampionato ía para terras de A Coruña acadado polo equipo “Raposeiros de Fiopans”. O equipo pontevedrés “Salnés 3” subía o terceiro posto da clasificación con 2.000 puntos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza