Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA NA RADIO
O vindeiro sábado, na Radio Galega, arranca o magazine "Caza e Pesca na Galega"
18/12/2013

Antón Arrojo, director de Galicia Cinexética, conducirá o apartado de caza.

O sábado, 21 de decembro, arranca o magazine “Caza e Pesca na Galega” na radio pública galega, un espazo dirixido e presentado polo xornalista Rodrigo Pérez Pardo. O programa, que se emitirá tódolos sábados entre as 7 e as 8 da mañá, está dividido en dous bloques, media hora dedicarase á actividade cinexética e a outra media hora á pesca. O novo espazo radiofónico pretende abordar tódolos temas de actualidade, con entrevistas, consellos, axendas, etc., dos dous deportes tradicionais por antonomasia en Galicia.

Acompañarán a Pérez Pardo, na presentación do programa Suso Bolaño e Manuel Mouzo, que se encargarán da Pesca,  mentres que  o apartado cinexético conducirao Antón Arrojo,  cazador, biólogo, e director de Galicia Cinexética, ao que desde estas páxinas a Federación Galega de Caza deséxalle moitos éxitos nesta nova andadura informativa. Arrojo sumase así a ese pequeno grupo de xornalistas cinexéticos que fixeron as delicias dos cazadores desde as ondas públicas galegas, Luis Macias con Fauna Deportiva –no que tamén colaboraba Rosa Vázquez-, e Miguel Piñeiro con Rios e Montes.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO INICIACIÓN TIRO XUVENTUDES
29/04/2024
Curso de Iniciación ao Tiro para as Xuventudes

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza