Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES
Alto nivel de canto no autonómico disputado en Narón
19/5/2015

XIX Campionato Galego de Paxariles disputado en Río Seco

Baixo unha extraordinaria climatoloxía arrincaba a décimo novena edición do Campionato Galego de Paxariles. Era o campo de fútbol de Río Seco, sito no concello coruñés de Narón, o que acollía esta nova edición que estivo marcado polo alto nivel de canto dos paxaros presentados. Todo elo coa organización da Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Faísca.

Un total de 76 paxaros participaron nesta fase autonómica disputada o pasado domingo 17 de maio, e que se dividiron en 6 liñaceiros, 22 xílgaros, 12 verderolos, 6 mixtos de liñaceiros, 26 mixtos de xílgaro e 4 mixtos de verderolo.

Manuel Ángel Chao Porto, Gonzalo Vergara Castro, Jesús Faraldo Ares e Iván Fajardo Cao foron os xuíces encargados de puntuar e valorar os diferentes cantos das plumas dos 76 paxaros que accederon a este autonómico clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais.

Na categoría de Liñaceiro o primeiro posto era para Dionisio Ares Babarro con 103 puntos, seguido por Camilo Taboada Piñeiro en segunda e terceira posición con 31 e 6 puntos, respectivamente.

Na pluma pura de Xílgaro o gañador era Germán Alcalde Cebreiro con un total de 91 puntos. José Sanjuan Maceiras acadaba o subcampionato con 61 puntos. Co mesmo número de puntos que Maceiras, pero en terceira posición, remataba Iván Fajardo Cao.

Miguel Ángel Ares Ares era o campión en mixto de liñaceiro con un total de 115 puntos. O segundo posto era para Mª Ángeles Pérez Arcos con 66 puntos. Con 50 puntos completaba o podio Jesús Ángel Faraldo Ares.

En mixto de xílgaro, e con altas puntuación, o primeiro posto era para José Manuel Esarte Beltrán con 127 puntos. A medalla de prata recaía en José Sanjuan Maceiras con 114 puntos e xa con 96 puntos situábase en terceira posición José Iván Aneiros Fernández.

En Verderolo o primeiro posto era para Pedro Fernández Jiménez con 48 puntos. Seguido moi de preto, no segundo posto, por José Manuel Romero Neira con 43 puntos. Pedro Fernández Jiménez accedía ao terceiro posto con 28 puntos.

En mixto de verderolo a totalidade do podio era ocupado por Jacobo Romero Gómez con 79, 4 e 3 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello

CAZA PRÁCTICA PERDIZ EN MONTAÑA
11/09/2024
“Zara do Coto da Neboa” de Francisco Santiago gañadora, por segundo ano consecutivo, da Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

SAN HUBERTO SERRA DA CAPELADA
04/09/2024
Corsino Varela con “Mia” gañadores na Serra da Capelada

CAMPIONATO GALEGO DE ARCO
12/08/2024
Campións galegos de arco


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza