Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC ARCO PONTEVEDRA
As mellores frechas pontevedresas déronse cita en Soutomaior
8/5/2017

IX Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado domingo 7 de maio disputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Clube Cazarco e a Sociedade de Caza A Peneda.

Preto de 30 arqueiros e arqueiras déronse cita en Candán - Soutomaior para participar nesta IX edición da fase provincial de Percorridos de Caza con Arco.

Na modalidade de arco asistido o campión foi Ángel Villaverde Balado con 260 puntos seguido de Miguel Caruncho Campanario en segunda posición con 215 puntos. Rafael Ángel Nieto situábase no terceiro caixón con 210 puntos.

En arco tradicional o campión era o arqueiro Lee Ransdale con 226 puntos. O subcampionato recaía en Jacobo Santoro Lorenzo con 195 puntos. Con 181 puntos o terceiro posto era para José García Gómez.

En damas asistido a campioa era Mª Carmén Novoa Varela con 187 puntos seguida de Dolores Bugarín Codeseda Marina Oliveira Amoedo con 178 e 103 puntos en segunda e terceira posición respectivamente.

Na categoría xuvenil o campión era José Caruncho Villalba con 114 puntos namentres que en cadetes o primeiro posto era para Marcos Gómez Dacosta con 212 puntos. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza