Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL CORUÑA
Rodeiro Eiras con “Rato” adxudícase o provincial
22/5/2017

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril

O pasado 20 de maio no concello de O Pino e máis concretamente nos terreos do Tecor da Sociedade de Caza A Magdalena disputábase o Campionato Provincial de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña coa colaboración de dita Sociedade de Caza.

Un total de 20 cans conducidos por 16 monteiros participaron nesta fase provincial que estivo xulgada polos xuíces Guillermo Barreira Folgueira e Eduardo Casal Vázquez.

Unha vez disputada a fase final da proba, foi o monteiro Francisco Rodeiro Eiras co seu mestizo “Rato” o que se converteu no novo Campión Provincial ao obter unha puntuación total de 258 puntos. En segunda posición situouse José Luis Iglesias Neira con “Cañón” con 228,5 puntos. Xa na terceira posición o podio completouno José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa” e 221 puntos. 

Na entrega de premios acompañaron aos participantes diferentes directivos da Sociedade de Caza e da FGC en A Coruña asi como Manuel Taboada Vigo alcalde do concello de O Pino.

Os monteiros Francisco Rodeiro Eiras, José Luis Iglesias Neira,  Manuel Rodeiro González, José Manuel Barreiro Rivadas, Carlos Arnoso García, Gonzalo Rodeiro Louzao, Javier Devesa Bouzón, Manuel Bujan Mella, José Antonio González Seijo e José Manuel Blanco Castro compoñen a representación de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza