Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA EN LALÍN
Os cans “Jay do Estrume” e “Fandy de la Judería” os mellores en Lalín
14/08/17

Baixo a organización da Asociación Galega de Caza Práctica, a colaboración da Sociedade locataria de Caza de  Lalín e o visto bo da Federación Galega de Caza de Pontevedra,  tal e como estaba programado o día 31 do pasado mes de xullo celebrouse en terras do Deza unha proba de “caza práctica” puntuable para a Copa de  Galicia, na que interviñeron 23 cans británicos e 3 continentais, nunha xornada de climatoloxía axeitada en canto a calor, pero na que o vento soprou en certos momentos con bastante intensidade obrigando aos organizadores a trocar o esceario de “Val do Boi” polo  “Maceira”.

O exercicio comezou as 9,30 para concluír sobre as tres da tarde, sendo Xosé Anxo Seco o  xuíz responsable de xulgar as evolucións dos cadelos, acompañándose  no campo dos “aspirantes” Carlos Lalín Ferreiroa e Xesús Blanco. Estes foron os cans que acadaron as mellores puntuacións:

BRITÁNICOS

1º, “Jay do Estrume” (SIM) do ourensán, Luís Méndez Tesouro. Con un EXC.

2º, “Halcón” (SIM) de José Mª Carnota. Con un MB., o igual que os seis primeiros.

3º, “Uva” (SIH) de Pedro Nieto. Con un MB.

CONTINENTAIS

1º, “Fandy de la Judería” (BAM), de Pedro Iglesias. Con un MB.

2º “Denon” de Mirandaola (BAM), de Vicente Cortés. Con outro MB.

Salientar por último, que este acontecemento contou coa novidade de que trofeos e agasallos foron entregados no mesmo campo da proba o concluír o exercicio. Tamén, que o esceario elixido foi catalogado polos participantes de “fenomenal”. E que un xantar que estivo presidido polo novo mandamais da Sociedade de Lalín, Julio Mariño Taboada, e representantes da Federación e da Asociación Galega de Caza Práctica,  puxo o punto e final o evento.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza