Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA CAMPIÓNS COELLO
A Copa de Campións foi para Jaime López
22/10/2018

O 20 de outubro tiña lugar a Copa Campións de Cans de Rastro sobre Coello, unha proba na que participaron os lotes de cans que obtiveron os mellores resultados nas diferentes probas neste 2018. Entre os clasificados estaba o Campión da Copa España, o Campión Galego, o Campión da Copa Galicia, o Campión provincial de A Coruña, o subcampión do provincial de Pontevedra e o Campión do Can de Ouro.

Esta proba de Campións estivo organizada polo Clube de Amigos dos Cans de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza Cinexética Carnotana e a Federación Galega de Caza.

A proba desenrolouse no Tecor Societario “O Horreo” e actuando como Director da Proba José Manuel Pallas Germiñas. Todo trascorreu sen imprevistos e a densidade de coellos foi suficiente para ver o bo traballo dos diferentes lotes de cans participantes. Un traballo dos lotes que fixo que os xuíces tiveran un duro traballo e mostra delo e o apretado da clasificación na que entre os tres primeiros clasificados tan so houbo 3 puntos de diferencia.

Foi o lote de cans propiedade de Jaime López Castro o que se convertía no campión da proba con 468 puntos. A tan so un punto do campión, a prata era para Alfonso Rey Baulde. E con 465 puntos o terceiro clasificado era o actual Campión Galego da especialidade, José Javier Suárez Rama. 

A cadela “Polvora” propiedade do Campión Jaime López Castro foi nomeada como Mellor Can da Proba con 128 puntos.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza