Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL LUGO DE CAZA MENOR
Boa densidade de caza no provincial lucense no que Antonio González foi o campión
29/10/2018

O pasado sábado 27 de outubro desputouse nos terreos do Tecor da  Sociedade de Caza Terra Cha o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Os diferentes cazadores chegados dende varios puntos da provincia lucense desfrutaron dunha moi boa xornada cinexética nestes montes da Sociedade de Caza Terra Cha no que os intensos traballos de xestión realizados por dito Tecor víronse reflexados na alta densidade de caza avistada por parte dos cazadores participantes. A pesar de que a climatoloxía foi moi dura e fixo que o resultado final poidese ser moito mellor do que xa de por si foi extraordinario. Mostra delo foi a entrada en control con caza por parte de 13 dos 15 cazadores participantes, e os 6 primeiros clasificados co cupo de perdices completo.

Foi o cazador Antonio González Álvarez o que obtiña o título de Campión Provincial con 1.100 puntos. En segunda posición remataba Juan Carlos Rodríguez González con  tamén 1.100 puntos. E Jaime González Yáñez  acadaba o bronce tamén con 1.100 puntos.

A estes tres cazadores acompañaranos Marcos Rodríguez Ferreiro e Francisco Javier López Salvador, conformando deste xeito o equipo lucense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza