Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE ARCO
Os arqueiros pontevedreses desputaron o provincial en Fecap
12/06/2019

XI Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 9 de xuño, e dentro das numerosas actividades programadas pola Federación Galega de Caza de Pontevedra en Fecap (Feira de Caza e Pesca – Feira Internacional Semana Verde Abanca Silleda), desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco.

Baixo a organización da FGC e o clube de arqueiros Cazarco desputábase este provincial de xeito extraordinario e con un esceario único o que fixo unhas propostas moi atractivas e novidosas que foron valoradas moi positivamente polos 21 arqueiros participantes.

Unha vez rematada a proba, os resultados nas diferentes categorías foron os seguintes:

- Arco Asistido Femenino: Campiona Dolores Bugarín Codeseda. En segunda posición remataba Marina Oliveira Amoedo e o bronce era para Mari Carmen Novoa Varela.

- Arco Asistido Masculino: o ouro era para Jaime Villaverde Balado namentres que Miguel Caruncho Campanario era o subcampión e Fran Rivas Suárez o terceiro clasificado.

- Arco Tradicional: Lee Ramsdale era o campión da categoría tradicional por diante de José García Gómez e Carlos Rama Rodríguez que situábanse en segunda e terceira posición respectivamente.

- Junior Femenino: A xoven arqueira Rebeca Villaverde Bugarín era a campiona.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza