Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA COELLO
O lote de cans propiedade de Jaime López foi o gañador do provincial pontevedrés de Cans de Rastro sobre Coello
21/09/2019

XXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello

No día de hoxe, 21 de setembro, tivo lugar o XXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Tecor e da Sociedade de Caza San Huberto de Valga.

A proba arrincaba ás 8:00 horas da maña cando os participantes comenzaban a preparar os seus respectivos lotes de cans e así amosar as súas cualidades a hora de rastrexar, desencamar e perseguir os coellos.

Foi o lote propiedade de Jaime López Castro o que obtiña o primeiro posto con 516 puntos grazas os cans “Pipa, Pulga, Mia e Sexta”. Cristóbal Cacheda Chouza con “Jara, Trufa, Rubia e Julia” obtiña o subcampionato con 490 puntos. E xa con 478 puntos o terceiro clasificado era Carlos Martínez Búa con “Lula, Bety, Bilma e Kapo”.

A cadela “Lula” propiedade do terceiro clasificado, Carlos Martínez Búa, obtiña o trofeo a “Mellor Can da Proba” con 137 puntos.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios, coa presenza do presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, puxo o punto e final a esta edición número vinteseis do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza