Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN MOS
A Fundación Pazo de Mos acolleu a cita pontevedresa de Formación e Seguridade
23/09/2019

No Salón de Actos da Fundación Pazo de Mos, deuse cita, o pasado 20 de setembro, un numeroso grupo de cazadores para asistir ao curso de "Seguridade na Caza" organizado pola Federación Galega de Caza, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Un curso no que se puxeron vídeos, proxeccións e imaxes da caza real galega e que estivo impartido por os poñentes: Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, Darío Andrade Expósito, M° Teresa González Justo, Carlos Sánchez Pontón e Javier Nogueira Diz, baixo a coordinación de Francisco Couselo Castiñeira.

Rematado o mesmo, os numerosos asistentes amosáronse satisfeitos dos coñecementos adquiridos e da resolución de dúbidas por parte dos relatores.

Na clausura do acto Francisco Couselo, Presidente da FGC de Pontevedra agradeceu a Antonio Rial Moreno, Presidente da Fundación Pazo de Mos, a cesión das instalacións do Pazo de Mos, para a celebración do curso.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO INICIACIÓN TIRO XUVENTUDES
29/04/2024
Curso de Iniciación ao Tiro para as Xuventudes

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza