Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPETICIÓNS
A FGC retoma as competicións cinexéticas nesta fin de semana
03/03/2021

O pasado 15 de xaneiro, a Real Federación Española de Caza e as Federacións Autonómicas daban luz verde para a volta as competicións despois da súa paralización durante preto dun ano debido a complexa situación sanitaria á que se enfronta o pais.

Coa máxima responsabilidade a Federación Galega de Caza comenzará esta vindeira fin de semana a volta á competición. Unhas competicións que se organizarán e se desputarán de xeito diferente ao que estabamos acostumados pero nas que se buscará pouco a pouco a nova normalidade. Xa en días pasados houbo a primeira toma de contacto coa celebración dunha proba da Liga de Agility.

Temos que salientar que ante esta situación tan convulsa e incerta na que se atopa a sociedade en xeral tamén afecta ao mundo da competición sendo posible a modificación ou anulación de certas probas dependendo da situación sanitaria futura. Por todo isto a FGC pide máxima responsabilidade aos competidores ante esta nova etapa no eido da competición.

Destacar que tódalas competicións se axustarán ao Protocolo Fisicovid da FGC, aprobado por Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte. Probas que se realizarán ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, sendo obrigatorio o uso da máscara e cumprindo as medidas hixiénico-sanitarias en vigor en cada momento.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza