Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
Aneiros Leira con “Arco das Fontiñas” e Canosa Senlle con “Thor de Forvelaz” foron os campións en Xinzo
08/03/2021

XXIII Campionato Provincial de Ourense de San Huberto

Como xa avanzábamos en días anteriores a Federación Galega de Caza iniciaba as competicións cinexéticas paralizadas por mor da covid-19. Nesta ocasión o pasado 6 de marzo desputouse o Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto baixo a organización da FGC de Ourense e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

Coa máxima responsabilidade e cumprindo o Protocolo Fisiocovid da FGC tivo lugar este campionato provincial de San Huberto na que actuaron como árbitros Juan Álvaro Rodríguez Pereira e Ramón Noya Viña

Unha vez desputada a proba o campión absoluto foi Jaime Aneiros Leira co macho de braco “Arco das Fontiñas” e un total de 87 puntos. Con 79 puntos e en segunda posición remataba Jaime Aneiros Ardao co pointer macho “Baco da Brisa”. O bronce era para José Canosa Senlle co setter inglés macho de nome “Monsieur du Pont Cobland” e 67 puntos.

José Canosa Senlle era o campión na categoría de spaniel springer con “Thor de Forvelaz” e 58 puntos.

Jaime Aneiros Leira, Jaime Aneiros Ardao, José Canosa Senlle, Eliseo Faraldo Fernández e Lucas Otero Álvarez conforman a selección provincial de Ourense que representará a esta provincia na proba autonómica da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza