Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA PERCORRIDOS
Roberto Rodríguez é o novo campión provincial e Antonio Iglesias acadou o primeiro posto da clasificación xeral
23/05/2021

XXXIV Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

Unha vez finalizada no día de hoxe, día 23 de maio, a proba provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza destacamos a victoria do tirador coruñés Antonio Iglesias Otero acadando a marca de 90 pratos escachados. 

Un campionato que ao remate do mesmo foi valorado moi positivamente polos máis de medio cento de tiradores inscritos. Esta proba contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e a esencial colaboración do Clube de Tiro Fronteiriñas e Clube de Tiro Eido Dalbo.

Cen pratos que constaban de traxectorías técnicas e de distancias variadas e diversar que puxeron en máxima tensión as mellores escopetas de tiro do panorama autonómico.

Foi o tirador Antonio Iglesias Otero o que remataba o percorrido cun total de 90 pratos escachados e acadaba deste xeito o primeiro posto da clasificación xeral. O pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández era o segundo clasificado e polo tanto campión provincial cun total de 88 pratos. O tamén coruñés Daniel Cebreiro García tíñase que conformar co bronce, non sen antes resultar gañador dun intenso desempate con Daniel Domínguez Treinta e Francisco Javier Rivero Martínez, que remataban en cuarta e quinta posición, respectivamente.

Na categoría Senior o mellor clasificado foi Cristino Mera Román cun total de 82 pratos. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba José Carlos Martínez González. O terceiro caixón do podio era ocupado por Antonio Fernández Román con 74 pratos.

En Veteranos o tirador campión era Ángel Vidal Conde cun total de 66 pratos e na categoría de Máster o mellor clasificado era Luis Salmerón Madera.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza