Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FESTA DA CAZA DE LUGO
San Huberto e Cans de Parada na Festa da Caza de Lugo
30/05/2021

Campionato Provincial de San Huberto e Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada

O monte do Cristo e Costa eran os terreos elexidos pola federación lucense de caza para a celebración, no día de hoxe 30 de maio, do seu campionato provincial de Lugo de San Huberto e o Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada.

Uns terreos cedidos pola Sociedade de Caza San Nicolás colaboradora en todas as actividades desta edición XXIV da Festa da Caza de Lugo.

No tocante ao XXX Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada temos que destacar, na categoría de Británicos, o primeiro posto acadado polo setter inglés de nome “Bren” conducido por José María Carnota Ríos cunha calificación de 1º MB. Os tamén setters ingleses de nomes “Swayper” e “Roi” propiedade de René Vale García acadaban o segundo e terceiro posto, respectivamente, cunha calificación de MB.

En Continentais o primeiro posto era para o braco alemán de nome “Oscar” de Vicente Cortes cunha calificación de 1ºMB. Cun MB obtiña o segundo posto o tamén braco alemán “Arco” de Jaime Aneiros.

O intenso e emocionante XXIV Campionato Provincial de Lugo de San Huberto deu ao cazador Corsino Valero Villar como campión absoluto e tamén campión provincial coa pointer “Kira”. O segundo posto era para Jaime Aneiros e o bronce para Unai Arteche.

Como campión da proba, na modalidade Springer, remataba José Sanmartín Pérez co seu can “Futre” que tamén obtiña o título de campión provincial. A prata era para Juan José Canosa Vigo con “Tayson” e no terceiro posto remataba Saturnino Pereira Vidal con “Alfa”.

Estes Campionatos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza