Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE PERCORRIDOS DE CAZA
Novamente o tirador Antonio Iglesias acada o título autonómico de percorridos de caza
07/06/2021

XXIII Campionato Galego de Percorridos de Caza

O pasado 7 de xuño o campo de tiro “Río Sar” era o elexido pola Federación Galega de Caza para a celebración do Autonómico de Percorridos de Caza, contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar desputouse un campionato de enorme calidade organizativa.

Un campionato no que destacamos a enorme participación tomando saída preto de 90 tiradores que se enfrontaron a 150 pratos dende diferentes postos, traxectorias e velocidades.

Como soen facer os campións, Antonio Iglesias Otero realizaba unha tirada de menos a máis e remataba con 139 pratos escachados. Tan so foi quen de seguir o ritmo imposto por Iglesias o tirador José Manuel Torres Parada que remataba en segunda posición con 135 pratos. Con este novo título Antonio Iglesias Otero acada os preto de 40 campionatos oficias gañados e se converte nun dos mellores tiradores galegos nas disciplinas de compak e percorridos de caza. O bronce da clasificación xeral era para José Ramón Conde Mouriño con 131 pratos.

Na categoría Senior o primeiro posto era para Fernando Sánchez Mancebo con 120 pratos escachados. José Luís Sánchez Mancebo e Mario González Yáñez eran o segundo e terceiro clasificado con 119 e 117 pratos respectivamente.

Antonio Castro Ferreiro era o primeiro clasificado na categoría de Veteranos ao acadar a marca de 106 pratos. A prata era para José María González e o bronce para o tirador Eliseo Faraldo Fernández.

E xa na categoría Máster o ouro era para Luis Salmerón Madera con 96 pratos. O segundo e terceiro posto do podio era para Ángel Mosquera Rodríguez e Manuel Sánchez Bello, respectivamente. 

No transcurso da entrega de premios tamén se otorgou a placa de Campión da Copa Galicia da especialidade a Daniel Cebreiro García. 

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Solognac.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza