Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TROFEO CIDADE DE NARÓN
Juan José Canosa con “Nike da Chousa” gañador do Trofeo Cidade de Narón
21/06/2021

VIII Trofeo Cidade de Narón de San Huberto

 O 19 de xuño tiña lugar en Narón (A Coruña), unha proba da Copa Galicia da especialidade baixo a organización da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia e coa colaboración da Federación Galega de Caza de A Coruña.

Destacamos a alta participación con ata 32 cans inscritos que se dividiron en catro campos moi aptos e nos que se apreciaron moi bos traballos de cazadores e cans. Catro campos nos que clasificaban para o barrage o mellor de cada un deles sendo o mellores Juan José Canosa, Jorge Martín, Fernando Manso e Jaime Aneiros.

Foi o cazador Juan José Canosa Vigo co pointer macho de nome “Nike da Chousa” o que acadou o primeiro posto no barrage con 66 puntos. Con 61 puntos e en segunda posición remataba Jorge Martín Sánchez co pointer macho “Bicho da Chousa”. “Chispa” propiedade de Fernando Manso Gómez foi o terceiro clasificado con 54 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza