Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCO
Arqueiros en Soutomaior
05/07/2021

XI Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco ao Voo

O pasado 27 de xuño desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Clube Cazarco.

Arqueiros e arqueiras déronse cita en Candán - Soutomaior para participar nesta XI edición da fase provincial de Percorridos de Caza con Arco.

Na modalidade de arco asistido homes o campión foi Jaime Villaverde Balado con 272 puntos seguido de Marcos Gómez Dacosta en segunda posición con 210 puntos. Eloy Álvarez Couñago situábase no terceiro caixón con 196 puntos.

En arco tradicional homes o campión era o arqueiro Lee Ransdale con 177 puntos. O subcampionato recaía en Jacobo Santoro Lorenzo con 147 puntos. Con 95 puntos en terceiro posto remataba para José García Gómez.

En damas asistido a campiona era Dolores Bugarín Codeseda con 173 puntos seguida Mª Carmen Novoa e de Marina Oliveira Amoedo con 112 e 83 puntos, respectivamente.

En cadetes o primeiro posto era para Carlota Otero con 121 puntos.

 

No Campionato Provincial de Pontevedra de Caza con Arco ao Voo, desputado tamén na xornada do pasado 27 de xuño o equipo gañador foi o composto por Rubén Martínez e Juan Antonio Valderas coa cadela “Julieta” e un total de 2.000 puntos.

Con 1.500 puntos e en segunda posición remataba o equipo composto por Jaime Villarverde e Pedro J. Martínez co setter de nome “Lor”.

A medalla de bronce era para Marcial Santos e Lee Ransdale que fixeron equipo coa braco de nome “Zoraida” e obtiveron un total de 500 puntos.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e a colaboración de Solognac.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza