Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA ESPAÑA RASTRO COELLO
Juan Formoso campión da Copa España de Coello
23/08/2021

Copa España de Cans de Rastro modalidade Coello

Baixo a organización do Clube “Amigos dos Cans de Caza” desputouse, o pasado 22 de agosto, a Copa de España de Cans de Rastro modalidade Coello. Unha proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade e na que colaboraron a Federación Galega de Caza en A Coruña e as Sociedades de Caza Altamira de Brión e Azor de Ames.

Boas prestacións e boa participación foi o resultado satisfatorio desta edición na que o cazador Juan Formoso Raposo co seu lote de beagles composto por “Luna, Naca, Tula e Flor” foi o mellor clasificado con 510 puntos e acadando deste xeito o título de campión.

Con 480 puntos o lote propiedade por José Javier Suárez Rama obtivo o subcampionato cos cans de nome “Sarela, Marco, Cori e Rua”. Deste lote o xurado da competición otorgou o premio ao mellor can da proba á cadela “Sarela” con 135 puntos.

O bronce, con 470 puntos, era para Carlos Martínez Bua que participaba cos cans “Bilma, Lola, Picoña e Fai”.

A entrega de premios puxo o punto e final a esta edición organizada polo Clube de Amigos dos Cans de Caza, un clube fundado no ano 1994.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza