Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CETRARÍA
Os mellores cetreiros en Xinzo de Limia
05/11/2021

XIX Campionato Galego de Cetraría

O pasado 29, 30 e 31 de outubro desputouse o XIX Campionato Galego de Cetraría no concello ourensá de Xinzo de Limia, concretamente na localidade de A Lama. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade Galega de Cetraría e a Sociedade de Cazadores de “Xinzo de Limia”.

Baixo unhas condicións climáticas pouco propicias, en especial na xornada do domingo, na derradeira fin de semana do mes de outubro desputábase unha edición máis do autonómico de cetraría. Un campionato que contou coas categorías de: altanaría a pomba lanzada, baixo voo azores a perdiz, baixo voo Harris a faisán, pequenas aves a paspallás e brazo tornado (falcóns) a perdiz.

Todo comenzaba o venres 29 de outubro ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia coa recepción de cetreiros. Durante a cal tivo lugar tamén a presentación do campionato e o sorteo de quendas de voo

 

Altanería

Na modalidade de altanería o título de Campión Galego era ara Rogelio Domínguez Tubío con 72,25 puntos. Con 63,5 puntos o subcampionato era para Antonio Reza Montenegro e o terceiro posto do podio era Lucas Boubeta Verogal con 56 puntos.

Baixo Voo

Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.

Na categoría de Azores o Campión Galego era Pedro A. Sanjuan Martínez con 58 puntos. Claudio Abalo Carrera facíase co segundo posto da clasificación xeral con 57 puntos. O bronce con 50,5 puntos era tamén para Pedro A. Sanjuan Martínez.

En Harris o campión era Ángel Barcenilla Puerta con 63,5 puntos seguido en segunda posición por Francisco González García. O terceiro posto era para o cetreiro Héctor Fernández Gondar con 55 puntos.

Brazo Tornado

Rubén P. Paz Brión con 54,5 puntos era o campión desta categoría seguido moi de preto, xa en segunda posición, por Francisco González García con 53,5 puntos. O bronce era para Evaristo González  Rodiño con 52,75 puntos. 

Copa Pequenas Aves

Na categoría de Pequenas Aves resultaba campión e subcampión Ignacio Orge García con 49,5 e 47 puntos respectivamente. Xa en terceira posición remtaba o cetreiro Evaristo González Rodiño con 38,25 puntos.  

A cerimonía de proclamación “Cetreiros do Camiño” e a entrega de premios, na que estiveron presentes diferentes autoridades, puxo o punto e final a este autonómico.  

Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza