Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MANIFESTACIÓN 20 DE MARZO
O mundo rural manifestarase o 20 de marzo para dar voz a La España VaciLada
19/11/2021

O vindeiro 20 de marzo o mundo rural gritará ¡BASTA XA! para esixir respeto a todos os que foron silenciados e pisoteados. La España VaciLada é un movemento de homes e mulleres do mundo rural que loitarán na rua pola LIBERDADE fronte ás prohibicións e restriccións impostas polo Goberno.

Nace La España VaciLada, un movemento de homes e mulleres do mundo rural que, orgullosos da súa cultura, os seus valores e o seu modo de vida, loitarán na rua o vindeiro 20 de marzo.

Con esta iniciativa, fai se un chamamento a todos os representantes e cidadáns do mundo rural para que reivindiquen os mesmos dereitos e liberdades, e que xamáis volvan a ser tratados como cidadáns de segunda. Baixo o grito de ¡BASTA XA! o vindeiro 20 de marzo esixirá respeto a todos os que foron silenciados e pisoteados pola clase política e por quenes, dende a urbe, queren impoñer a súa moral e o seu modo de vida á xente do campo.

Este movemento está formado por cazadores, labregos, gandeiros, pescadores, os principais sectores do ámbito rural, mulleres, homes e rapaces rurais, os que viven a tradición e a cultura como forma de vida, os que coidan das fragas e do monte, os que verdadeiramente loitan contra o despoboamento rural e, en definitiva, pola xente do campo. Millóns de persoas que están sendo agredidas e acosadas por movementos como o animalismo ou o “ecoloxismo de salón” que sí son amparados polas administracións públicas.

¿POR QUÉ O 20 DE MARZO?

La España VaciLada manifestarase o vindeiro 20 de marzo porque empeza a primavera, época na que o campo renace e o mundo rural amosa o seu máximo esplendor. Históricamente, multitude de revolucións vinculáronse á Primavera como oportunidade de cambio. É o momento de que esta revolución a protagonice o mundo rural.

É o momento de dar a coñecer qué é o que queda da España Vaciada cando se acaban as campañas electorais e se apagan os focos mediáticos, e esta movilización podería coincidir no tempo coa tramitación parlamentaria de leis que afectan gravemente ao mundo rural, como a futura Lei de Protección e Dereitos dos Animais, que previsiblemente nesas datas ainda se atopará en fase de tramitación e non estaría aprobada.

SOLICITUDE DE ADHESIÓN

Dende La España VaciLada realízase un chamamento a toda persoa ou organización que se sinta identificada co noso manifesto para que participe na gran manifestación do vindeiro 20 de marzo a través da siguiente solicitude de adhesión.

Consulta o noso manifiesto completo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO INICIACIÓN TIRO XUVENTUDES
29/04/2024
Curso de Iniciación ao Tiro para as Xuventudes

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza