Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba
17/04/2022

IV Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting – Copa Deputación de Ourense

O “Campo de Tiro A Goberna” situado en Beariz acolleu no día de hoxe, 17 de abril, o IV Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting –Copa Deputación de Ourense. Unha proba provincial que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e ca colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.

Un campionato desputado en aberto e que contou con tiradores das diferentes provincias galegas. Participantes que se enfrontaron a 100 pratos divididos en catro canchas e que as diferentes traxectorias e a boa climatoloxía reinante durante toda a xornada permitiu o disfrute desta fermosa disciplina cinexético deportiva.

 

O tirador coruñés Daniel Cebreiro García, recentemente proclamado campión provincial de A Coruña desta disciplina, foi o campión da proba cun total de 92 pratos escachados. O mellor tirador da clasificación xeral da provincia de Ourense e polo tanto Campión Provincial foi Francisco Javier Villanueva Dejuana que obtivo a prata con 91 pratos. O terceiro posto foi para José Antonio Riveira Rivero con 89 pratos.

En seniors o campión foi o ourensán Jose Manuel Fortes Lama con 82 pratos namentras que Rubén Fernández Formoso foi o mellor en iniciados con 81 pratos derrivados.

O tirador Eliseo Faraldo Fernández foi o tirador da provincia que acadou o primeiro posto na categoría de veteranos con 75 pratos. Pero foi José González Yañez o campión absoluto da categoría con 84 pratos.

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación de Ourense e Solognac e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.


 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza