Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XABARIL SALVAXE NA ESTRADA
Miguel Villar con “Blanco” campión da primeira edición
25/04/2022

I Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

Con motivo da celebración da XV Festa Gastronómica do Xabaril de Ribela (A Estrada – Pontevedra) desputouse a primeira edición do Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe.

Todo isto organizado pola peña "O Colmillo" encabezada por Luis Rivas e Elías Piñeiro, en colaboración coa Sociedad de Cazadores Río Umia, co seu presidente José Miguel Porta, ao fronte. E como non, tamén coa colaboración da Federación provincial de Caza de Pontevedra.

Foi Miguel Villar o que co seu can de nome "Blanco" obtivo o primeiro posto ao acadar un total de 222,5 puntos. En segunda posición remataba o lucense Rubén Chousa con “Gitana” e 208,5 puntos. O bronce era para Samuel Toledo con “Curro” e 195,5 puntos.

Foi unha proba onde os cans amosaron o seu gran nivel e que estivo xuzgada por Alfonso e Ramón Collazo, coa presencia de Oscar Meijide, en representación da Federación Galega de Caza e de Paco Couselo, Presidente da FGC de Pontevedra. O concello da Estrada estivo representado polo seu Tenente de Alcalde, Juan Constenla.

Todas estas autoridades fixeron a entrega de trofeos baixo a carpa da feira que contou cun aforo de máis de 200 persoas. Todo un éxito nesta primeira edición da proba e da xa XV edición da Feira Gastronómica do Xabaril de Ribela.  

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza