Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL OURENSE DE XABARIL
O campión provincial foi Juan Vecino con “Full de Soñar”
10/05/2022

XII Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril – III Copa Deputación de Ourense

Coa extraordinaria colaboración da Sociedade de Cazadores “O Irixo”, o Restaurante Abanico e o Concello de O Irixo o pasado 7 de maio desputábase o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril – III Copa Deputación de Ourense baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense. 

Unha proba que estivo xuzgada por Emilio Vila Torreira e contou coa participación dun total de 16 monteiros que presentaron 20 cans para a destreza do rastrexo.

O campión da proba e campión provincial resultaba o monteiro Juan Fernández Vecino co seu can de nome “Full de Soñar” obtendo un total de 264 puntos. O can mestizo de nome “Zeus” conducido por Francisco Rodeiro Eiras foi o subcampión con 225 puntos. Salvador Sestelo Nuñez era o terceiro clasificado coa cadela “Beba” e 221 puntos. Manuel Fernández Vecino con “Kira de Soñar” e Miguel Ángel Rodríguez Hermida con “Linda” eran o segundo e terceiro clasificado da provincia.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Arion, e coa colaboración da Deputación de Ourense.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza