Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
San Huberto pontevedrés
04/07/2022

XXXV Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto 

O pasado 2 de xullo, nos montes do terreo societario "As Tres Bes" da localidade pontevedresa de Baiona, desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto.

Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da sociedade de caza “As Tres Bes”.

A proba trascorreu con normalidade e deportividade, sendo xuzgada Santiago Saavedra e Jorge Amado. Foi o participante Varela o que co seu can “Perseo de Xeara” se proclamaba campión con 59 puntos. Eloy Rodríguez Rego co seu setter inglés “Bono da Brisa da Ria” foi o segundo clasificado da xeral e campión provincial con 58 puntos namentras que Félix Robles López con “Zenith” remataba en terceira posición con 38 puntos.

Na categoría de Springer o campión da proba e provincial era Saturnino Pereira Vidal con “Coco” e 67 puntos. Con 64 puntos Eloy Rodríguez Rego con “Lua” era o segundo clasificado por diante de Eloy Rodríguez Martínez que obtiña o bronce con “Piti”.

A Selección que representará a Pontevedra no vindeiro autonómico da especialidade estará formado por: Eloy Rodríguez Rego, Jose Ramón Zamora, Santiago Rodríguez, José Comesaña e Saturnino Vidal.

Este campionato provincial contou coa colaboración de pensos Canican e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza