Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA DE ARCO
Os mellores arqueiros de Pontevedra
26/07/2022

XIII Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 24 de xullo desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Clube Cazarco.

Arqueiros e arqueiras déronse cita en Candán - Soutomaior para participar nesta XIII edición da fase provincial de Percorridos de Caza con Arco.

 

Na modalidade de arco asistido homes o campión foi Jaime Villaverde Balado con 342 puntos seguido de Miguel Caruncho Campanario en segunda posición con 298 puntos. Pedro J. Martínez Ángel situábase no terceiro caixón con 277 puntos.

En arco tradicional homes o campión era o arqueiro Atila Vega Comesaña con 240 puntos. O subcampionato recaía en José García Gómez con 198 puntos. Con 184 puntos en terceiro posto remataba para Antonio Lorenzo Vidal.

En damas asistido a campiona era Dolores Bugarín Codeseda con 281 puntos seguida Mª Carmen Novoa Varela con 170 puntos.

 

En cadetes o primeiro posto era para Carlota Otero Cayetano con 97 puntos. Pablo Silva González e Iría Boullosa Currás obtiveron o segundo e terceiro posto con 89 e 68 puntos, respectivamente.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza