Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL DE LUGO DE ARCEAS
Kiko López con “Timba de Villastur” gañador en O Corgo
28/11/2022

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas

O pasado sábado 26 de novembro os arceeiros lucenses achegábanse ata o Tecor de O Corgo para desputar o seu Campionato Provincial de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza de O Corgo. 

Baixo unhas extraordinarias condicións climáticas comenzaba esta xornada de caza de arceas. Unha xornada que foi tremendamente fructífera, con multitude de lances e avistamentos de arceas que fixeron as delicias cinexéticas para os 22 cazadores participantes. 

Foi o cazador Kiko López  Salvador o que co can “Timba de Villastur” facía a súa entraba en control ás 12:08 con duas arceas, obtendo deste xeito o título de campión provincial. Con tamén 1.000 puntos pero en segunda posición remataba Juan Carlos Rodríguez González co can “Krol”. O bronce foi para José Manuel Díaz Paz con “Pancho” e 500 puntos. 

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza