Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
Aneiros Leira e Varela Painceiras gañadores do provincial ourensá de San Huberto
07/03/2023

XXV Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto

Nos terreos da sociedade de caza “A Porqueira” desputábase, o 4 de marzo, a edición número XXV do Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto.

Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración de dita sociedade de cazadores. Este provincial ourensá deu o pistoletazo de saída a especialidade cinexético deportiva de San Huberto na que os deportistas galegos, xunto cos seus cans, tentarán buscar a clasificación para o autonómico da especialidade nas diferentes fases provinciais.

Foi o cazador Jaime Aneiros Leira xunto co braco alemán “Arco das Fontiñas” o que obtivo o primeiro posto con 71 puntos. Jaime Aneiros Ardao era o que obtiña a segunda plaza participando co braco alemán macho de nome “Iron de Moncofa” e rematando cunha calificación de 54 puntos. O bronce era para Guillermo Barreira Folgueira que con 52 puntos participou con “Lingo de Fuente la Teja” un setter inglés macho.

Na categoría de Damas a campiona era Nuria Varela Painceiras participando co pointer macho “Perseo da Xeara” obtendo 9 puntos.

A entrega de premios puxo o punto e final a este provincial cargado de deportividade e de fermosos lances sobre perdiz sementada.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza