Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO DE PAXARILES
Campións autonómicos de paxariles
23/05/2023

XXVI Campionato Galego de Paxariles desputado en Narón

O pasado 21 de maio, desputouse na AA.VV “O Val” – Narón, o Campionato Galego de Paxariles organizado pola Federación Galega Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva A Faisca.

A esta edición número XXVI acudiron un bo número de paxaros, 95 en total, que coa calidade dos seus cantos foron obtendo as respectivas puntuacións. Os paxaros participantes foron divididos nas seguintes plumas: liñaceiro, xílgaro, mixto de liñaceiro, mixto de xílgaro, xílgaro campero, mixto de xílgaro campero,verderolo e mixto de verderolo. Actuando como Director da Competición Miguel Ángel Ares Ares.

Na categoría de Xílgaro foi Ricardo Díaz Fernández o que obtivo o primeiro e segundo posto con 74 e 39 puntos, respectivamente. A terceira posición con 28 puntos foi para María del Pilar Beltrán .

En Mixto de Xílgaro o ouro era para José Sanjuan Maceiras con 99 puntos. A prata era para Maria Aurora Río Pico con 85 puntos e Juan Antonio Veiga remataba en terceira posición con 83 puntos.

Na clasificación de Liñaceiro o primeiro e segundo posto foi para Pablo Brage Piñeiro con 14 e 8 puntos, respectivamente. O terceiro posto era para Jesús Ángel Faraldo Ares con 5 puntos.

En Mixto de Liñaceiro o campión era Jesús Ángel Faraldo Ares con 39 puntos. Co mesmo número de puntos pero en segunda posición remataba Pablo Brage Piñeiro. O terceiro posto era, novamente, para Jesús Ángel Faraldo Ares con 36 puntos.

En Xílgaro Campero o mellor clasificado era Jose Luis Vez Rodríguez que tamén obtiña o segundo posto con 53 e 52 puntos, respectivamente. O bronce era para Ángel Enrique Sanz del Río con 43 puntos.

En Mixto de Xílgaro Campero o campión era Dioniso Ares Babarro con 58 puntos. A prata e o bronce eran para Jose Manuel Couto Buján con 45 e 25 puntos. 

Na categoría de Verderolo o participante María Ángeles Pérez Arcos acadaba o primeiro posto con 31 puntos. Jose Manuel Romero Neira e Pedro Fernández Jiménez remataron en segunda e teceira posición con 24 e 12 puntos, respectivamente.

Na clasificación de Mixto de Verderolo resultaba gañadora María Ángeles Pérez Arcos con 54 puntos. Jose Manuel Romero Neira con 22 puntos acadaba o subcampionato e o terceiro posto da clasificación era para Pedro Fernández Jiménez con 16 puntos. 

Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza