Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA RRCC
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba
15/04/2024

Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza

O campionato provincial da Coruña de Percorridos de Caza tivo lugar no día de onte, 14 de abril, no Campo de Tiro Río Sar. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

Con preto de 70 tiradores inscritos comenzaba esta fase provincial na que as mellores escopetas de Galicia enfrotáronse a 100 pratos con diferentes traxectorias e distancias de tiro. Un campionato no cal se obtiveron marcas moi elevadas e que foi valorado moi positivamente polos deportistas participantes. 

O campión da Clasificación Xeral foi Roberto Rodríguez Fernández que realizou un fantástico percorrido no que foi quen de derrivar un total de 94 pratos. O segundo clasificado e campión provincial foi Daniel Cebreiro García que rematou a tirada cun total de 93 pratos escachados. Con 92 pratos, a medalla de bronce era para Martín Baqueiro Villafines. 

Antonio Iglesias Otero e José Manuel Torres Parada, en quinta e sexta posición da clasificación xeral compretaron o podio provincial.

Na categoría Senior o campión da proba era Alfredo García Mendoça con 92 pratos. O segundo senior e campión da provincia era Antonio Iglesias Otero e o bronce era para Francisco Javier Rivero Martínez.

En Veteranos o primeiro posto era para Elisardo Cea Cebreiro con 82 pratos. José González Yáñez e Antonio Castro Ferreiro eran o segundo e terceiro clasificados, respectivamente.

Na categoría de Máster o campión era, novamente, Ángel Mosquera Rodríguez con 67 pratos e en Xuveniles o campión era Álvaro Viqueira Castro con 57 arxilas.

Este Campionato Provincial co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza